Adegas y Viñedos Vía Romana abre mercado en Nueva Zelanda

0
6

El 10% de la facturación de Adegas y Viñedos Vía Romana proviene de la exportación. Sin descuidar el mercado gallego y el español, la bodega apostó desde el principio por trabajar el mercado extranjero y los resultados están siendo muy positivos en países como EEUU, Reino Unido, Alemania, Austria, Suiza, China, Chipre o Cuba. Ahora la bodega comienza camino en la isla maorí, convencida de que la acogida de sus caldos será buena y de que éste será el inicio de una relación constante con Nueva Zelanda no sólo para Vía Romana, si no para los vinos de la D.O. Ribeira Sacra.

La bodega, que comenzará la vendimia el próximo 19 de septiembre, campaña que prevén sea excelente en calidad y cantidad de uva; prepara también para la próxima semana una importante cita. Vía Romana será el vino oficial del VI Congreso Mundial del Jamón, además de uno de los patrocinadores de la cita, que se celebra en Lugo, en el Palacio de Ferias y Congresos entre el 21 y el 23 de septiembre. Se espera la participación de más de 500 congresistas del mundo científico, productor, industrial y distribuidor- comercializador del sector del jamón. Será una buena ocasión para dar a conocer los vinos de la bodega a los participantes venidos de distintos países. Vía Romana tendrá stand propio en el recinto del Congreso y dentro de la agenda de los acompañantes se contempla para el día 23 visita a Ribeira Sacra.

Adegas e Viñedos Vía Romana abre mercado en Nova Zelandia

Adegas e Viñedos Vía Romana convértese na primeira adega da D.O. Ribeira Sacra en exportar a Nova Zelandia. Esta semana viaxa cara ao país de Oceanía o primeiro pedido de viño. A exportación materializouse por mor da visita que, recentemente, fixo á adega unha importadora neozelandesa que se mostrou impresionada polo tipo de cultivo en socalcos e polas calidades do viño Vía Romana, un viño, o da colleita 2009 (última colleita que ten no mercado a adega), que, entre outros recoñecementos, obtivo a medalla de ouro no CINVE USA 2011 ou a máxima puntuación da Asociación Galega de Catadores con 99 puntos sobre 100 para os Excelencia 2011.

O 10% da facturación de Adegas e Viñedos Vía Romana provén da exportación. Sen descoidar o mercado galego e o español, a adega apostou desde o principio por traballar o mercado estranxeiro e os resultados están sendo moi positivos en países como EEUU, Reino Unido, Alemaña, Austria, Suíza, China, Chipre ou Cuba. Agora a adega comeza camiño na illa maorí, convencida de que a acollida dos seus caldos será boa e de que este será o inicio dunha relación constante con Nova Zelandia non só para Vía Romana, se non para os viños da D.O. Ribeira Sacra.

A adega, que comezará a vendima o próximo 19 de setembro, campaña que prevén sexa excelente en calidade e cantidade de uva; prepara tamén para a próxima semana unha importante cita. Vía Romana será o viño oficial do VI Congreso Mundial do Xamón, ademais dun dos patrocinadores da cita, que se celebra en Lugo, no Palacio de Feiras e Congresos entre o 21 e o 23 de setembro. Espérase a participación de máis de 500 congresistas do mundo científico, produtor, industrial e distribuidor- comercializador do sector do xamón. Será unha boa ocasión para dar a coñecer os viños da adega aos participantes vidos de distintos países. Vía Romana terá stand propio no recinto do Congreso e dentro da axenda dos acompañantes contémplase para o día 23 visita a Ribeira Sacra.